Nao (robot)

Nao no 2016.

Nao é un robot humanoide programable e autónomo, desenvolvido por Aldebaran Robotics, unha compañía de robótica francesa con sede en París subsidiaria do grupo Softbank. O desenvolvemento do robot comezou en 2004 co lanzamento do Proxecto Nao. O 15 de agosto de 2007, Nao substitúe ó can robot Aibo de Sony como a plataforma estándar para a Robocup ("Robot Soccer World Cup"), un concurso internacional de robótica.[1] Nao utilizouse en RoboCup 2008 e 2009, e o NaoV3R foi elixido como a plataforma para o SPL en RoboCup 2010.[2]

A Edición Académica de Nao foi desenvolvida para as universidades e laboratorios con fins de investigación e educación. Foi lanzado ás institucións en 2008, e púxose a disposición do público antes de 2011. O robot xa entrou en uso en numerosas institucións académicas de todo o mundo, incluíndo a Universidade de Toquio, o IIT Kanpur da India[3] e a Universidade do Rei Fahd de Petróleo e Minerais de Arabia Saudita.[4] En decembro de 2011, Aldebaran Robotics lanzou a Nao Next Gen, con software mellorado, unha CPU máis potente e cámaras de alta definición.[5]

  1. "El robot AIBO Nao sustituye en la plataforma estándar de la liga RoboCup". EnGadget.com. 
  2. ""UK robots prepare for world cup"". BBC. 
  3. "Robot that walks, talks, emotes like humans...'Nao'". Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 05 de maio de 2017. 
  4. ""Le robot français Nao fait ses classes à l'Université de Tokyo"". L'Express. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2010. Consultado o 05 de maio de 2017. 
  5. ""Aldebaran Robotics announces Nao Next Gen humanoid robot"". Engadget. 

Developed by StudentB